A captura do narcosubmarino de Aldán non frea o envío doutros
O vindeiro martes cúmprese un ano do achádego na ría de Aldán dun narcosubmarino cargado con 3.200 quilos de cocaína e agora podemos amosarlles imaxes que ata agora non puideramos ver.
É o momento no que os mergulladores saen ao encontro desta embarcación semisomerxible e que puideron idear enxeñeiros ruros por un custo aproximado dun millón de euros. Unha cantidade menor, comparada cos 100 millóns de euros que reportaría a venda da droga. Ata daquela non se detectara en España ningún método similar para trasladar droga.
Escribiuse moito sobre quen era o destinatario da droga, pero os investigadores ainda non o saben. Teñen claro que non era para unha única organización porque saben que non hai ningún clan que poida asumir tanta cantidade de droga.