CRTVG

Buscar

A capitá do Baxi Ferrol, enfermeira, auxiliou un afeccionado antes do partido

Publicado o 18/10/2018 17:22

Baloncesto. Moita actividade. Euroliga, ACB e Liga Feminina. Segunda xornada. Gañou o Durán Maquinaria Ensino, perdeu o Baxi Ferrol. 

Antes do partido, en Ferrol produciuse esta situación. A capitá do Baxi Ferrol, Carmen Fernández, enfermeira de profesión, tivo que atender na bancada un membro da peña Os Ruxidos. Este home caera polas escaleiras do pavillón e sufrira un mareo. Carmen Fernández solucionou o problema.

O susto non descentrou as locais, que comezaron o partido por diante á busca da primeira vitoria da temporada. Pero o efecto da Malata non foi suficiente. O Cadí La Seu púxose por diante tras o descanso, aproveitando os erros das ferrolás, que teñen moito traballo por diante para encaixar todas as pezas dun cadro de xogadoras moi renovado. 

A vitoria marchou para Cataluña por un resultado de 51 a 66. O Baxi conta por derrotas as dúas xornadas da Liga. A outra cara viviuse en Lugo, onde o Durán Maquinaria Ensino acadou a primeira vitoria do curso. Foi diante do Zamora nun partido cheo de alternativas. Comezaron mandando as luguesas. As visitantes déronlle a volta ao resultado e levaron a iniciativa durante gran parte do choque, ata chegar a un último cuarto memorable. Unha gran remonta levou o encontro á prórroga, e alí se impuxo o Ensino por 73 a 71. As de Juan Nécega acaban a xornada na zona media da táboa.

Noticias web

18/10/2018