A cantante Laura LaMontagne e a película 'A media voz' inauguran Play-Doc
Publicado o 23/09/2020 17:22
E esta noite comeza o festival de documentais Play Doc en Tui. O documental galego-cubano A media voz abrirá o certame, que este ano se desenvolve entre o presencial e o virtual con sesións en Filmin ata o domingo.
Dende o chileno Ignacio Agüero ata o guardés Xurxo Chirro, son en total 13 filmes que estarán acompañados tamén de música e roteiros pola vila.