A canle de televisión CNN faise eco da proposta de parcelar as praias de Sanxenxo
Publicado o 10/05/2020 20:52
Unha prestixiosa canle de televisión internacional, a estadounidense CNN, fixose eco nas últimas horas da proposta que anunciaba hai uns días o Concello de Sanxenxo para parcelar as praias de maior ocupación, asignándolles un lugar aos visitantes segundo a orde de chegada.
Os municipios costeiros con praias, tanto galegos coma de fóra da nosa comunidade, están barallando distintas propostas para evitar aglomeracións e permitir o goce dos enclaves naturais aos turistas que se acheguen os seus areais. Se queres ver a información pódela ver aquí