A campaña 'Xuntos no asfalto' busca mellorar a seguridade dos ciclistas na estrada
Publicado o 27/07/2020 17:03
Levan casco, luces, roupa de cores vivas e van en grupo, pero aínda así, os ciclistas enfrontan riscos importantes na estrada.
Un xeito de minimizar ese risco é levar un coche con sinalización detrás do grupo, para advertir os vehículos que se acheguen.
Agora, clubs, peñas ou grupos de afeccionados poden solicitar un destes vehículos de apoio, a través da campaña 'Xuntos no asfalto'.
O club ciclista Betanzos protagoniza esta cuarta edición da campaña, e din que grazas a ela os adestramentos son máis seguros.
Manter sempre a distancia de seguridade é o mellor xeito de protexer os ciclistas. Xuntos no asfalto, e con todas as precaucións para circular con seguridade.