CRTVG

Buscar

As persoas menores de 60 que puxeron unha dose de AstraZeneca volven centrar o debate entre Goberno e comunidades

Publicado o 28/04/2021 15:06

Este mércores as autoridades sanitarias españolas volven discutir qué facer cos menores de 60 anos que recibiron xa a primeira dose de AstraZeneca. Nesta ocasión hai unha novidade: a recomendación da Axencia Europea do Medicamento, que aposta por completar a pauta de inmunización coa mesma vacina.

Recomenda administrar a segunda dose de AstraZeneca aos menores de 60 que xa teñen a primeira. Os beneficios superan os riscos, di. As comunidades volverán pedir máis doses, e un calendario certo de entregas para organizar a vacinación.

Nova xuntanza do Consello Interterritorial de Saúde, a penúltima antes de que finalice o estado de alarma o vindeiro 9 de maio. Xuntanza en que volverá estar sobre a mesa o debate sobre como xestionar despois a pandemia se non hai un plan B.