A campaña de vacinación da gripe comezará en Galicia a mediados de outubro
Publicado o 27/09/2021 20:27

Os que non se vacinaran da covid aínda están a tempo. Continúan as xornadas de portas abertas en todos os centros de vacinación con horario ininterrompido entre as nove da mañá e as nove da noite. E coa chegada do outono vai comezar en breve a campaña de vacinación da gripe. Arranca a mediados de outubro en toda Galicia. Agárdase moita demanda, polo que a Xunta mercou máis doses ca o ano pasado, preto de 900.000.