CRTVG

Buscar

A Campaña de Manos Unidas céntrase nas consecuencias do cambio climático para os países pobres

Publicado o 06/02/2020 21:25

No Chad, en Kenya, en Mozambique... por falarmos só de África. Mais o berro de Manos Unidas nesta campaña vén de moitos países do planeta, porque "quen sofre o maltrato ao planeta non es ti". O lema quere sensibilizar a todo o mundo.

Oitocentos vinte e un millóns de persoas no mundo pasan fame; outros máis de 1.000 millóns son pobres. Son datos, si; son tamén rostros humanos: comunidades enteiras que precisan da terra e do planeta para vivir.
Responsabilidade global e transversal.

Cambiar a nosa maneira de vivir para que outros, simplemente, poidan vivir.




 

Noticias web

06/02/2020