A campaña da Xunta para promover o consumo de conservas chega a 1.400 nenos este verán
Publicado o 25/08/2021 15:40
A quen non lle gusta comer un bocadillo de luras? Tanto nenos como maiores gozan del. Unha forma divertida de que os máis pequenos coman peixe e produtos do mar é a campaña da Xunta 'Fai clic ao teu bocata', en que xa participaron 1.400 nenos.
Hoxe a campaña fixo parada en Narón. Alí, a conselleira do Mar insistiu na importancia de fomentar unha boa alimentación entre os máis novos.