CRTVG

Buscar

A campaña da gripe arranca coa vacinación dos maiores de 80 anos

Publicado o 24/10/2021 14:47

O Sergas comeza este luns a campaña de vacinación contra a gripe entre a poboación maior de 65 anos. O da gripe é un virus xa ben coñecido pero contra o que segue sendo importante protexerse. Para iso a Xunta xa adquiriu 885.000 doses, e a principal novidade desde ano é que será secuencial. O Sergas contará con 900 puntos de vacinación en toda Galicia entre centros de saúde, hospitais e residencias.

A campaña da vacina antigripal arranca este luns cos maiores de 80 anos, que tamén recibirán na mesma cita a terceira dose contra a covid−19. A Consellería de Sanidade e o persoal sanitario lembran que non se pode baixar a garda fronte aos virus xa coñecidos, e por iso, a importancia da vacina contra a gripe.

Poderán pedir cita coma sempre: nos centros de saúde, na web e na aplicación do Sergas. O Goberno galego adquiriu para a actual campaña da gripe un total de 885.000 doses. O obxectivo é conseguir un 75 % entre as persoas maiores de 65 anos e o persoal sanitario e un 60 % entre as mulleres embarazadas. A campaña antigripal estenderase ata o mes de decembro.

Noticias web

24/10/2021