CRTVG

Buscar

A campaña contra dobre ringleira na Coruña deixa 300 sancionados nunha semana

Publicado o 17/10/2019 14:37

Malia que a campaña contra a dobre fila na Coruña leva en marcha unha semana esta imaxe nas rúas máis céntricas segue a ser habitual. Así que 80 axentes da Policía Local loitan contra este tipo de aparcamento. Nunha semana sancionaron 300 condutores, unha media de 42 sancións ao día. Ademais, a estas hai que sumarlles as que se porán a través das 37 cámaras que hai esparexidas polas principais rúas da cidade.

Non obstante, a batalla vai máis aló. Controlan tamén todo aquel que aparque en paradas de autobuses, lugares destinados a carga e descarga, para minusválidos ou en carrís de circulación. As multas son de 200 euros.

O obxectivo da camapaña é acabar co estacionamento irregular na cidade por mor das molestias que causan á cidadanía.


 

Noticias web

17/10/2019