CRTVG

Buscar

O Parlamento rexeita os indultos, pero só cos votos do PPdeG

Publicado o 01/07/2021 15:03
O Parlamento rexeita os indultos, pero só cos votos do PPdeG

O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que non utilice os indultos aos nove líderes independentistas cataláns que cumprían condena por sedición e malversación con fins partidistas.

A iniciativa presentada polo grupo popular non contou co apoio do BNG nin do PSdeG. Os nacionalistas argumentaron que a solución é a amnistía e non os indultos. Pola súa banda, o grupo socialista dixo que ésta é a única vía para destensar a situación en Cataluña.

Dende o grupo popular acusan o Goberno central de usar esta medida de graza como moeda de cambio para seguir no goberno.

Noticias web

01/07/2021