A cámara galega aproba dúas leis en materia de igualdade e outra de educación
Publicado o 13/07/2021 20:59
Esta tarde, na cámara galega, quedaron aprobadas tres novas leis. As dúas primeiras por unanimidade. Unha reforma da Lei de prevención da violencia de xénero permite incluír agora a chamada violencia vicaria, é dicir, a exercida sobre os fillos da vítima. A segunda das normas pretende avanzar na igualdade no ámbito universitario e de investigación.
Non se aprobou por unanimidade a terceira lei, a da Universidade Intercontinental da Empresa. Os socialistas non ven necesaria esta iniciativa. O BNG está radicalmente en contra porque di que non todos poderán acceder.
No PP destacan que aumenta a oferta para os alumnos e que as 3 universidades públicas seguirán contando co mesmo apoio financeiro por parte da Xunta.