Johnson deixa en pausa a tramitación do 'brexit' tras rexeitar o Parlamento o procedemento de urxencia
Publicado o 22/10/2019 21:08

En só uns minutos, Boris Johson viu como se desbarataba a súa estratexia para o 'brexit'. Aconteceu en dúas votacións consecutivas no Parlamento británico. Na primeira, os deputados apoiaron por primeira vez o acordo pactado entre o primeiro ministro e as autoridades comunitarias. Porén, na seguinte rexeitaron o trámite de urxencia necesario para facer efectiva a saída da Unión Europea o 31 de outubro. Tras a derrota, Boris Johson ordenou a paralización de todo o trámite parlamentario.