CRTVG

Buscar

A Cámara de Representantes activa o xuízo político contra Trump

Publicado o 31/10/2019 20:31

Os 232 votos da maioría Demócrata na Cámara de Representantes permitu aprobar unha resolución que formaliza o proceso do impechement, o xuízo político a Donald Trump. A bancada Republicana, 196 congresistas, votou en contra en bloque. A resolución dálles máis poder na investigación contra o mandatario pero permite que se faga en audiencias públicas. Para os Republicanos iso só beneficia ao Partido Demócrata.

Trump reaccionou de inmediato. Escribiu un chio cualificando a resolución como a maior caza de bruxas na historia estadounidense.

O texto aprobado marca a folla de ruta da investigación pero non fixa un calendario. O Congreso non terá problema para aprobar o xuizo político a Trump pero este fariase no Senado onde a maioría é republicana.

Donald Trump está baixo sospeita de usar o cargo para presionar ao Goberno ucraniano e obrigarlle a investigar a familia do ex vicepresidente Jon Biden, un dos seus potenciais rivais nas eleccións de 2020.

 

Noticias web

31/10/2019