CRTVG

Buscar

A calor vai continuar en toda Galicia ata a fin de semana

Publicado o 06/08/2020 14:55

O sol e as altas temperaturas serán as protagonistas do día en toda Galicia. Centos de visitantes achéganse ás zonas costeiras para levar mellor a calor. 

Aínda que estes días se están a rexistrar temperaturas moi elevadas, os turistas están encantados co clima que están a atopar. 

O ascenso das temperaturas vai ser máis significativo a partir do mediodía, cando se activa o aviso amarelo por altas temperaturas.

Por iso, os bañistas téñeno claro. Para combater esta calor, hai que beber moita auga e evitar as horas en que pega máis o sol. 

Este aviso por altas temperaturas esténdese toda a fin de semana. As autoridades sanitarias lembran a necesidade de manter todas as precaucións para evitar riscos derivados da intensa calor.

 

Noticias web

06/08/2020