CRTVG

Buscar

A calor intensa pon en alerta trece comunidades, dúas delas en vermello

Publicado o 12/08/2021 09:01

EFE

EFE

Trece comunidades atópanse este xoves en alerta por altas temperaturas, dúas delas en risco extremo -Aragón e Cataluña- como consecuencia da onda de calor que desde onte afecta a gran parte de España e que ameaza con máximas superiores a 42 graos, segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

A Aemet estende o aviso laranxa (risco importante) a oito comunidades -Andalucía, as Baleares, Castela e León, Castela-A Mancha, Estremadura, Comunidade de Madrid, Navarra e A Rioxa-, por temperaturas que oscilarán entre os 37 e os 41 graos, e tingue de amarelo (risco) outras tres -Rexión de Murcia, País Vasco e Comunidade Valenciana- onde se poden alcanzar ata 39 graos. Ademais, alerta de tormentas fortes no norte de Aragón e Navarra.

Arrinca o día e os termómetros xa marcan temperaturas insólitas para esas primeiras horas da mañá. En boa parte de España pasaron o que técnicamente se coñece como noites tropicais, aquelas en que o termómetro non baixa dos 25 graos. En Murcia e no porto de Mallorca non baixaron en ningún momento dos 27.

Polo día, moitas comunidades pasaron este mércores dos 40 graos. A máxima, 42,8, rexistrouse na provincia de Cidade Real. Hoxe a situación vai ser crítica tamén máis ao norte, sobre todo no interior de Cataluña e en Aragón.

Segundo as previsións da AEMET, o sábado será o día más caloroso desta vaga. As temperaturas nocturnas da próxima madrugada serán aínda máis tórridas que as desta noite pasada. Preocupa especialmente o risco de incendios pola baixísima humidade relativa que haberá no ambiente que fai que vexetación sexa aínda máis combustible.

 

 

Noticias web

12/08/2021