CRTVG

Buscar

A calor favorece a reprodución de parasitos e insectos

Publicado o 24/06/2021 13:49

Un paseo polo monte ou por un parque, con mascotas ou sen elas, pode supoñer volver á casa con acompañantes indesexables. Pulgas ou carrachas hai todo o ano, pero a calor favorece a reprodución de parasitos e insectos.

Ana Cadavid, veterinaria da protectora Os Palleiros: "A pulga xa transmite enfermidades e parasitos internos. Xa só por iso é importante eliminalas, non só polo picor, as alerxias. E a carracha é máis grave porque transmite enfermidades que son moi graves e potencialmente mortais se non se tratan, tanto en cans como en persoa".

Os cans do refuxio dos Palleiros, en Pontevedra, están sans. Aquí desparasítanos durante todo o ano, tanto interna como externamente. E aconsellan facer o mesmo nas nosas casas. 

Ana Cadavid, veterinaria da protectora Os Palleiros: "Que o teñan sempre con pipetas, pastillas, con prevención contra este tipo de bichería, e aínda así que o revisen ao chegar á casa. A prevención que facemos é para que os parasitos morran, pero pode dar tempo a que inoculen algunha enfermidade. Revisalos ao chegar á casa non está de máis".

Un animal infestado ten síntomas dunha anemia aguda. Hai que tratalo para que o desenlace non sexa fatal. E non esquecer que, aínda que non haxa mascotas, en calquera terreo pode haber unha praga de parasitos causada por roedores ou outros animais.



 

Noticias web

24/06/2021