CRTVG

Buscar

A calor destes días muda os hábitos alimentarios de moitos galegos

Publicado o 25/02/2019 23:07

En Pontevedra, unha das cidades que está a rexistrar temperaturas diúrnas máis atípicas de inverno, entramos no mercado para ver como inflúe isto na demanda de produtos para preparar a comida.
É día sen peixe, polo que preguntamos na carnicería e nas vendas de horta.

Polo que di a vendedora, a costa económica de febreiro pesa máis nas vendas que o bo ánimo que poida xerar a luminosidade e a calor destes días na clientela. Unhas circunstancias impropias tantos días seguidos no inverno galego que xeran tamén dúbidas como as desta señora, que leva provisión para a ensalada.

Unha clienta expresa a súa dúbida de se tanta calor en inverno non será mala para o planeta. Mentres, alimentos de inverno ceden espazo aos de verán.

Noticias web

25/02/2019