A caída do WhatsApp disparou o uso doutras redes sociais
Publicado o 05/10/2021 16:13
Seis horas sen WhatsApp, para algúns foi unha pequena traxedia. Pero fronte á caída das redes sociais máis empregadas, o que fixo moita xente é recorrer a outras plataformas ou xa se sabe sempre queda o teléfono.
A caída afectou basicamente á vida social dos usuarios pero tamén á actividade profesional.
E retomado o servizo, esta mañá nas rúas semellaba que todo o mundo quería recuperar o tempo perdido, xa case imposible vivir sen estar conectados.