CRTVG

Buscar

A cabalería da Policía Nacional patrulla os montes e o Camiño de Santiago

Publicado o 06/07/2021 14:32

A Unidade de Cabalería da Policía Nacional traballa na loita contra os incendios e para garantir a seguridade dos peregrinos no Camiño de Santiago. Acaban de chegar a Galicia. Estarán ata o 1 de setembro. Son dúas patrullas compostas por doce axentes e dezaoito animais; unha ten a base en Santiago e outra en Pontevedara. Os plans de traballo cambian todos os días segundo as necesidades. Din que é moi importante non ser previsibles, variar os percorridos e que estes sexan coñecidos no último momento para que sexan aínda máis efectivos.

Julio Serrano, subinspector da Policía Nacional: "O traballo diario é sobre todo a prevención. Dentro do Plan Lume, para a prevención de incendios nos montes galegos, e como é Ano Xacobeo, a prevención no Camiño de Santiago para os peregrinos".

Os cabalos están adestrados para todo tipo de terreo malia que adoitan traballar sobre todo na contorna das cidades. Adáptanse aos percorridos do monte perfectamente. Son animais seleccionados pola súa resistencia e poden chegar a sitios onde os vehículos non son capaces.

Julio Serrano, subinspector Policía Nacional: "A cadencia de paso permítenos ter moita visión, tanto no monte como no camiño. A presenza é importante. E o silencio. Ninguén espera que vaiamos estar no monte nin no Camiño".

Veñen a particiapar na Operacón Lume dende 2013, coa única interrupción do ano pasado por causa da covid−19.

Noticias web

06/07/2021