A busca do home que desapareceu no río Tambre céntrase nas beiras do río
Publicado o 13/12/2019 11:59

No concello coruñés de Oroso segue a busca do home desaparecido no río Tambre. Os traballos céntranse hoxe en terra, nas beiras do río, con efectivos de Protección Civil de Santiago e da Policía Nacional, despois de que onte non dera resultado o esforzo dos mergulladores da Garda Civil e da propia Policía Nacional, feito en condicións difíciles polo gran caudal do río e o temporal.
Pénsase que o home pode ser o ex-marido dunha muller que presentou denuncia pola súa desaparición.