CRTVG

Buscar

A Brilat de Figueirido desinfecta unha residencia de Nigrán

Publicado o 04/04/2020 19:56

A primeira hora da mañá, a Unidade de Base xeneral Morilla de Figueirido comezaba a súa misión nesta residencia de Nigrán. Obxectivo: protexer do virus as instalacións onde conviven seis ducias de maiores, que nestas semanas non poden saír do centro. En catro ou cinco horas todo quedará limpo por dentro e por fóra.

Sesenta e catro residentes que están en perfectas condicións. Non hai casos de residentes infectados, pero están nerviosos porque as súas rutinas estas semanas non son as habituais. Como asegura Iria Santos, directora da residencia, "están nervisosos porque temos que cambiar as súas rutinas".

Esta mañá pasou polo exterior da residencia o alcalde de Nigrán, para agradecr o traballo dos efectivos da Brilat. Dentro, cando viron aparecer polos seus cuartos os militares, coas súas fundas brancas, quen máis quen menos non puido evitar un aceno de sorpesa.

Os familiares non poden ir de visita, pero os que están nesta residencia sempre teñen a opción de botar unha ollada pola fiestra e polo menos durante uns minutos viaxar cara ao paraíso natural que teñen enfronte.

Noticias web

04/04/2020