CRTVG

Buscar

A borrasca Kyle deixará moita auga e forte vento en toda Galicia

Publicado o 19/08/2020 15:33

Todo o litoral galego está en aviso amarelo ante a chegada de Kyle. Trátase dunha fronte fría, unha borrasca explosiva que vai deixar nas próximas horas máis chuvia espallada por toda a comunidade e refachos fortes de vento, sobre todo na costa. Cara á noite atravesará toda Galicia, deixando chuvia en toda a comunidade, aínda que o paso será rápido.

Para mañá xa se agarda unha pequena mellora, que persistirá na fin de semana. Tanto os que colleron as vacacións na segunda quincena de agosto, como os que non, coinciden en que a chuvia, aínda que necesaria, xa foi suficiente e agardan con ansia o regreso do sol e a calor.

En canto ás temperaturas, nas mínimas espérase un lixeiro descenso no interior e nas máximas un ascenso, sobre todo no norte e no leste, de cara a unha fin de semana en que se prevé recuperar as temperaturas típicas desta época do ano.

 

Noticias web

19/08/2020