CRTVG

Buscar

A borrasca Karine pon en alerta toda España, agás as Canarias

Publicado o 02/03/2020 14:13

A borrasca puxo toda España en alerta, agás as Canarias. O tempo complícase por este novo temporal, que está deixando moita chuvia pero sobre todo moito vento.

Practicamente toda España sufrirá os efectos de Karine, a nova borrasca que tomou a remuda da outra denominada Jorge.

Todo o litoral español está en alerta por ondas de entre catro e seis metros de altura.

O temporal está deixando xa moita chuvia e nalgúns lugares xa se superaron os 60 litros por metro cadrado.

Pero Karine trae sobre todo moi vento e refachos que poderán superar os 120 quilómetros hora.

Esta madrugada os veciños do distrito madrileño de de Ciudad Lineal víronse sorprendidos pola caída dunha árbore de grandes dimensións.

Noutros barrios de Madrid houbo tamén estragos causados polo forte vento e o Goberno Local decidiu activar a alerta vermella e pechar o acceso aos parques públicos.

En Valencia, o vento obrigou a suspender a seguna mascletá das fallas deste ano.

A borrasca Karine puxo en alerta todas as comunidades autónomas agás as Canarias e a cidade de Ceuta.

Noticias web

02/03/2020