CRTVG

Buscar

A borrasca Karine deixa España, pero mantense a alerta en case toda a península

Publicado o 03/03/2020 14:22

A borrasca Karine comezou a abandonar España en dirección a Italia. Tras si deixa varias persoas feridas e un regueiro de estragos por toda a península.

As últimas horas da borrasca Karine en España obrigaron a manter aínda esta mañá en alerta boa parte do país.

En Aragón e Navarra hai aviso laranxa polas nevaradas que poderían deixar ata 20 centímetros de espesor e por refachos fortes de vento.

Na costa, o peor estaba en Asturias e en Cantabria onde hai aviso vermello por ondas de ata sete metros e refachos de vento que superarán os 100 quilómetros por hora.

No resto de España hai tamén activadas alertas ou ben laranxas ou amarelas por temporal no mar, por neve ou por vento.

Unicamente tres comunidades estaban hoxe sen aviso ningún: Madrid, Estremadura e as Canarias, ademais da cidade autónoma de Ceuta.

A borrasca Karine marcha xa cara a Italia pero deixando tras si un regueiro de estragos por todo o país e tres persoas feridas en Valencia e Xirona pola caída dunha prancha metálica e dunha tella.

Noticias web

03/03/2020