CRTVG

Buscar

A borrasca Karim obriga a suspender as actividades no exterior dos colexios

Publicado o 19/02/2021 08:25
A borrasca Karim obriga a suspender as actividades no exterior dos colexios

Un profundo centro de baixas presións chega a Galicia este venres. Chámase Karim e traeá precipitacións abundantes e fortes ventos, que obrigan a activar de novo as alertas. A Xunta comunicou que prohibe as actividades nos exteriores dos centros educativos daquelas zonas que estean baixo avisos.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por refachos de vento superiores a 100 km/h que comeza ás 12:00. Este episodio afectará primeiro ao oeste e suroeste da Coruña e desde as 18:00 extenderase a toda a provincia de Pontevedra, a Mariña lucense e a montaña de Ourense.