CRTVG

Buscar

A borrasca Elsa deixa unha situacion excepcional en España

Publicado o 19/12/2019 14:34

A borrasca Elsa deixa unha situación excepcional en case toda España. Hai 44 provincias en alerta por ondas, vento e chuvia e as previsións anuncian que o peor aínda está por chegar.

Unha gran riada sorprendeu esta mañá os veciños de Nerva, en Huelva. A chuvia torrencial fixo rebordar varios ríos e a auga levou por diante todo o que atopou ao seu paso, deixando un regueiro de estragos na localidade.

A Garda Civil informou de que houbo que rescatar varios veciños que quedaran atrapados no interior do seu coche.

O mapa do tempo en España anuncia para hoxe e maña dous dos días máis adversos e complicados do ano, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, e puxo en alerta 44 provincias.

A chuvia intensa vai afectar especialmente Andalucía, Estremadura, as dúas Castelas e a serra de Madrid.

Ademais, agárdanse ondas de ata seis metros no Mediterráneo e no Atlántico andaluz e os refachos de vento serán de ata 130 quilómetros no Pireneo catalán e de entre 100 e 120 de forma xeneralizada en todos os sistemas montañosos.

Unicamente seis provincias de toda España vanse librar deste temporal que está previsto que se prolongue ata o domingo.

A potencia, a profundidade e a extensión da borrasca Elsa deixa, segundo a AEMET, un paranoma en toda España que se pode considerar excepcional.

Noticias web

19/12/2019