CRTVG

Buscar

A Bonoloto deste sábado deixa un premio de 1.305.581 euros en Redondela

Publicado o 06/09/2020 14:16

A Bonoloto tivo un único acertante, que cobrará un millón trescentos mil euros. O boleto selouse en Redondela, onde polo agora ninguén sabe quén puido ser o afortunado.

O sorteo celebrado este sábado deparou un único acertante de primeira categoría. A combinación gañadora é a que marcou os números 10, 16, 21, 24, 25 e 31. O número complementario foi o 41 e o reintegro, o 9. Non houbo acertantes de segunda categoría.

O afortunado non esquecerá nunca estes números que o fixeron millonario dos de verdade: posuídor dun boleto que vale desde anoite máis dun millón trescentos mil euros Por ser o único acertante de primeira categoría. En Redondela onde se selou o boleto ninguén sabe aínda quen é o afortunado que a partir de mañá xa non terá que botar contas.

A expectación continúa na vila dos viaductos onde todo o mundo se pregunta quén deles é o novo millonario, nos últimos días outro gran premio, neste caso da Primitiva deixou medio millón de euros en Marín