CRTVG

Buscar

A Bonoloto deixa na Coruña 1.671.202 euros, o único boleto de primeira categoría

Publicado o 07/05/2021 20:35

Tres, oito, dezanove, vinte, vinte e cinco e corenta e dous. Estes son os números elixidos polo veciño ou veciña da Coruña para o último sorteo da Bonoloto e que o converteron no único acertante da primeira categoría. Un boleto premiado con nada menos que un millón seiscentos setenta e un mil euros. Nesta adminsitración de lotaría onde se selou o boleto gañador aínda descoñecen que é o seu propietario e se o boleto é de maquina ou manual, pero sospeitan que se trata de alguén do barrio

 "Si o 90% é do barrio.. Hai xente que ás veces digo non sei... antes das obras había moito coche paraban, selaban e íanse, pero agora coas obras que están desde hai dúas semanas a probabilidade de que sexa alguén de fóra é moi pequena, ten que ser case seguro da zona", afirma o loteiro.

Tamén o agardan os clientes que se achegaban ata a administración

 "Agora supoño, agardo que sexa de por aquí cerca". "Estou contenta de que tocara aquí porque eu son veciña de aquí e compro moito aquí tamén", din os clientes

Desde hai doce anos é a primeira vez que esta administración dá un premio por riba do millón de euros. Este último sorteo da Bonoloto tiña bote acumulado.