CRTVG

Buscar

A Bonoloto deixa máis de dous millóns de euros en Carballo

Publicado o 11/08/2021 13:31

Carballo amenceu hoxe coa boa nova que axiña correu entre os veciños. A Administración número 3 situada na rúa da Estrela, repartiu máis de 2 millóns de euros no Sorteo da Bonoloto de onte: máis dun millón 900.000 correspóndenlle ao afortunado que selou o único boleto acertante da máxima categoría. Pero ademáis hai outros 6 boletos acertantes da segunda categoría, premiados con 23.000 euros cada un. Tres na mesma administración e outros 3 na da rúa do Hórreo. Este é o primeiro premio importante que reparte a loteira nos 3 anos que leva á fronte do negocio e non podía ocultar a súa ledicia.

Descoñecen polo momento a identidade dos afortunados. Moitos clientes achegábanse para comprobar se os seus billetes eran os premiados. Unha vez descartado, queda alegrarse da sorte allea. Postos na pel do afortunado co premio maior, que facer cos cartos é un exercicio doado. A loteira agarda que se cumpra aquilo de "cartos chaman a cartos" e que veñan mais premios. Confía ademais en que isto supoña un empurrón ás vendas, sobre todo da Lotería de Nadal que adoitan levar os turistas nesta época.

Noticias web

11/08/2021