A bombona de butano sobe un 5 % e custará 15,37 euros

A bombona de butano sobre case un 5 % e acada o prezo máis alto dende marzo de 2015. A partir deste martes o envase de 12 quilos, custará 15,37 euros. É a quinta suba consecutiva nas revisións de prezos que se fan regularmente cada dous meses. O incremento débese ao ascenso dos custos da materia prima (+12,91%) e dos transportes (+15,23%). Estará compensada en parte pola lixeira apreciación do euro fronte ao dólar (+1,32%).
Na revisión de xullo actalízanse tamén os custos de comercialización, que tamén aumentaron un 0,96 %, segundo a información facilitada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Este novo prezo da bombona de butano estará vixente durante dous meses, ata o terceiro martes do próximo mes de setembro, cando se examinará de novo.