CRTVG

Buscar

A bombona de butano custará dende hoxe 12,68 euros, un 5% máis

Publicado o 17/11/2020 14:48
A bombona de butano custará dende hoxe 12,68 euros, un 5% máis

O prezo da bombona de butano retoma as subas tras meses conxelado. Dende hoxe custará 12,68 euros, case un cinco por cento máis, debido á suba da cotización internacional da materia prima. Malia este incremento, a bombona está por debaixo do fixado en xaneiro.

O prezo actual estará vixente dous meses, cando se volverá revisar o importe do butano, usado en oito millóns de fogares españois.

Noticias web

17/11/2020