CRTVG

Buscar

A bolsa española cae un 7,88% ata niveis de 2012

Publicado o 16/03/2020 23:03
A bolsa española cae un 7,88% ata niveis de 2012

A bolsa española perdeu este luns o 7,88% e pechou en pouco máis de 6.100 puntos. Trátase dun peche afectado polo impacto económico do coronavirus e sen que as medidas monetarias adoptadas polos bancos centrais, como a baixada dos tipos de xuro en Estados Unidos, puidesen frear o descenso.

Neste contexto, a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) decidiu prohibir durante un mes as operacións sobre valores e instrumentos financeiros que supoñan a constitución ou o incremento de posicións curtas (unha estratexia que implica a venda de accións dun valor coa pretensión de que o seu prezo caia e así poder volver mercalas despois máis baratas) sobre accións que cotizan nas bolsas españolas, anunciou o supervisor bolsista.

Esta decisión, que entra en vigor mañá, martes, e durará ata o 17 de abril, tomouse, segundo a CNMV, ante a situación de "extrema volatilidade" dos mercados bolsistas europeos e ante "o risco de que nas próximas semanas poden producirse movementos de prezos desordenados".