A biografía sonora da artista Guadi Galego, escrita polo crítico musical Pepe Cunha
Publicado o 28/10/2019 11:47
O musicólogo ferrolá Pepe Cunha acaba de artellar a historia musical da cantante Guadi Galego nun libro, editado por edicións Embora, co título de Guadi Galego. Pola beira da canción. Esta biografía é o seu debut literario.