A biblioteca pública de Verín, premio María Moliner polo seu proxecto para o fomento da lectura
Publicado o 17/11/2020 22:06
Lara e Lucía son dúas desas voluntarias que fan desta biblioteca de Verín unha das mellores de España en canto o fomento da lectura. Un proxecto grazas o que non paran de chegarlles recoñecementos, en maio foi o da asociación americana de librarías onde competían con proxectos de todo o mundo, agora o María Moliner, por segunda vez en catro anos.
Semanalmente realizan manualidades e contacontos e fomentan a lectura entre os cativos, os inmigrantes e nenos en risco de exclusión social.
No verán encárganse tamén da bibliopiscina con libros e xogos en galego, castelán e portugués.