CRTVG

Buscar

A benxamina da delegación galega, Julia Benedetti, acaba no posto 16

Publicado o 04/08/2021 07:29
A benxamina da delegación galega, Julia Benedetti, acaba no posto 16

A benxamina da delegación galega nos Xogos Olímpicos de Tokyo, a coruñesa Julia Benedetti rematou no posto 16 na competición de skate (modalidade de parque). 

Con só 16 anos, Julia afrontou os seus primeiros xogos na estrea do deporte como olímpico. Tocoulle ir na serie 3 da clasificatoria a carón dun fenómeno mundial como Sky Brown (acabou coa medalla de bronce). 

A mellor puntuación foi a do primeiro exercicio (27,76), lonxe da zona de corte (41,59) que marcou a brasileira Dora Varella (clasificábanse as oito mellores para a final). Na final, o podio foi dominado polas xaponesas con Sakura Yozosumi (19 anos) no máis alto. 

De todos os xeitos poder estar no Xapón e competir nuns Xogos xa é un éxito para unha deportista tan nova como Julia Benedetti.