Mesía estrea un paso de vaca permanente para reivindicar o rural en espazos urbanos
Tres concellos galegos acaban de estrear cadanseu paso de vaca permanente, que é coma un paso de cebra pero no canto de raias brancas ten as típicas manchas da pel da vaca. Trátase dunha iniciativa para reivindicar o rural en espazos urbanos e pretende espallarse por toda Galicia.
Resulta evidente que entre os símbolos da identidade galega non figura precisamente a cebra. E por aí naceu a idea de poñer sobre o asfalto a pel do noso animal máis emblemático.
Agora, un ano despois do éxito popular que obtivo o paso de vaca temporal da Coruña, tres concellos rurais, A Baña, Mazaricos e Santa Comba acaban de estrear cadanseu paso de vaca permanente, que representa o noso pasado e o noso presente e aspira a representar o noso futuro.
E os tres alcaldes participaron na inauguración do cuarto paso de vaca permanente, o da Casa Grande de Xanceda, lugar onde comezou esta iniciativa para reivindicar o rural na cidade.
Os pasos de vaca non pretenden substituír os pasos de peóns homologados.