CRTVG

Buscar

A baixura galega mobilízase contra o regulamento de control da UE

Publicado o 25/03/2021 14:08

As modificacións que a Unión Europea pretende introducir no regulamento de control da actividade da frota de baixura puxo en pé de guerra as confrarías galegas.

Algunhas das novidades son consideradas reiterativas e inviables polo sector, que convocou para mañá venres unha xornada de paro e concentracións nos portos de orixe para facer constar a súa oposición.

As máis de 3.800 embarcacións galegas de pesca artesanal pararán este venres e concentraranse nos portos para facer visible o seu malestar.

O sector pide a retirada das modificacións e non descarta mobilizacións máis contundentes se as súas demandas non son atendidas. 

Noticias web

25/03/2021