CRTVG

Buscar

A baixamar deixa ao descuberto os restos do Mar Exeo

Publicado o 26/05/2021 16:50

Estamos no día da superlúa de maio, un fenómeno que se deixa sentir tamén nas mareas. Na Coruña, a baixamar deixa unha imaxe ben curiosa na praia das Lapas, a dos restos do Mar Exeo, o barco que naufragou en 1992 a carón da Torre de Hércules.

A excepcional descuberta está a atraer a atención de moitas persoas que se achegan ata o aeral para non perder unha estampa que non van poder contemplar o resto do ano.

Noticias web

26/05/2021