CRTVG

Buscar

A baixada impositiva non dá reducido os recibos da luz

Publicado o 16/07/2021 09:00

Suba imparable do recibo da luz. Nuns días chegará a factura de xullo, e témese un aumento de máis dun 30 % respecto do ano pasado. Finalmente, a baixada do IVE aprobada polo goberno non vai ser suficiente para frear o impacto.

Nos primeiros quince días de xullo, a suba da luz foi do 34,6 por cento con respecto ao mesmo mes do ano pasado, situando o custo mensual para un usuario medio en 84,35 euros, segundo cálculos da organización de consumidores Facua.

E esa redución do IVE ao 10 % que se vai aplicar ata decembro, e mentres o prezo do megawatt estea por enriba dos 45 euros, o que fixo foi amortiguar a suba en 8,44 euros, mentres que se seguise aplicando o imposto do 21 % o recibo alcanzaría unha media dos duns 92,79 euros.

 

Noticias web

16/07/2021