CRTVG

Buscar

A Axencia Espacial chinesa publica imaxes obtidas a 330 quilómetros da superficie de Marte

Publicado o 04/03/2021 13:58

Impresionantes imaxes de Marte as que acaba de facer públicas a axencia espacial chinesa. Son en alta definición e foron captadas pola misión Tianwen 1 mentres orbita a uns 330 quilómetros sobre a superficie do planeta vermello. Nelas vense claramente cráteres, crestas, dunas e montañas.

Tamén fan pública esta imaxe en color do polo norte de Marte. A misión chinesa prevé aterrar un rover sobre a superficie dentro de tres meses.

 

Noticias web

04/03/2021