CRTVG

Buscar

A autovía do Morrazo estará aberta ao tráfico dentro dun mes

Publicado o 28/05/2019 16:46

As obras do último trazado de 3,8 quilómetros entre o enlace de Meira e a terceira saída de Cangas están executadas ao 93 %. Así o explicou a responsable do departamento galego de Infraestruturas durante unha visita aos traballos onde esta mañá tiña lugar a proba de carga para medir a resistencia da estrutura do viaduto da Fraga.

As obras desta terceira fase, cun orzamento de dezaoito millóns de euros, estarán rematadas a finais do mes de xuño, cando se producirá a apertura da autovía na súa totalidade.

Os traballos para desdobrar o corredor do Morrazo na autovía comezaron no 2015 e os dous primeiros tramos abríronse no 2018. Con este último complétase a infraestrutura que conta cun orzamento total de cincuenta e cinco millóns de euros.
 

Noticias web

28/05/2019