A Autoridade Palestina anuncia a ruptura de relacións cos Estados Unidos e Israel
O presidente da Autoridade Palestina, Mahmud Abbas, anunciou este sábado a ruptura de relacións cos Estados Unidos e Israel, incluídas as que afectan á seguridade, tras rexeitar o plan de paz para Oriente Próximo, presentado esta semana polo presidente dos Estados Unidos, Donald Trrump.
O plan, apoia a anexión israelí de grandes extensións da Cisxordania ocupada, incluídos os asentamentos ilegais e o Val do Xordán. Tamén recoñece Xerusalén como capital de Israel.
Nunha sesión extraordinaria da Liga Árabe, o presidente palestino dixo que non aceptará nunca esa solución e apostou por un proceso de paz, sempre e cando os Estados Unidos non sexan o único mediador nunha negociación con Israel.
Para a Liga Árabe, a proposta dos Estados Unidos non "xera estabilidade, nin constrúe a paz na rexión".