CRTVG

Buscar

A autopsia revela a brutal malleira que acabou coa vida de Samuel

Publicado o 13/07/2021 21:27

Samuel Luiz foi golpeado no cranio cun obxecto contundente. E malia que esta non foi a causa da morte tamén o esganaron. Datos que revela a autopsia e que estremecen.

Nada impediu o fatal final de Samuel, porén, no medio da liorta dous senegaleses sen papeis non dubidaron en mediar na agresión. Sonm Ibrahima e Makate, o Goberno acaba de confirmar que, da forma máis rápida posible, van regularizar a súa situación en recoñecemento ao comportamento humano e compromiso cívico.

Mentres continúa unha investigación policial que determinará o procedemento xudicial dun caso que, polo momento, detivo 6 persoas, 3 están en prisión provisional, 2 menores nun centro de menores e a única muller en liberdade con cargos. As defensas agardan coñecer máis datos para, sobre todo, discernir o grao de participación de cada un dos presuntos agresores.

Estes seis detidos son, presuntamente e segundo a Delegación do Goberno en Galicia, os principais autores dos feitos, con todo, non se desbotan novas detencións.
 

Noticias web

13/07/2021