A autopsia pola morte de John McAfee confirma o suicidio do creador do antivirus
Publicado o 29/06/2021 08:55

Coñeceuse o resultado da autopsia preliminar feita tras a morte do creador do antivirus John McAfee: fala de suicidio. Segundo unha información do diario El País, Mcafee deixou unha nota de suicidio no peto do seu pantalón. O magnate norteamericano levaba oito meses no cárcere en Barcelona e coñeceu a nova da extradición ao seu país no día da súa morte. A famila xa anunciou que pedirá unha segunda autopsia independente e fixo responsable a Estados Unidos do seu falecemento.