CRTVG

Buscar

A autopsia do veciño de Chapela podería aclarar as circunstancias da súa morte

Publicado o 02/02/2021 14:07
A autopsia do veciño de Chapela podería aclarar as circunstancias da súa morte

Os investigadores están moi pendentes do resultado da autopsia, que podería dar máis luz sobre as estrañas circunstancias en que apareceu o corpo, e a Policía Científica volveu analizar a casa da vítima na procura de novas pistas.

Polo de agora non se descarta ningunha hipótese, xa que o escenario é confuso. O cadáver estaba inmobilizado de pés e mans, boca abaixo e coa cabeza tapada, o que fai pensar nun homicidio ou asasinato.

Porén na vivenda non hai sinais de loita nin os accesos apareceron forzados. Está decretado o segredo sumarial e non transcenderon máis datos ata o momento.

Noticias web

02/02/2021