CRTVG

Buscar

A autopsia debe determinar onde e como mataron o home asasinado en Mos

Publicado o 01/11/2019 09:27

Investigan se o mataron na casa e moveron o cadáver ou se deu fuxido e morreu onde apareceu, nun camiño a cincuenta metros da estrada nacional, que dá acceso a tres vivendas, entre elas a da vítima: un home de 55 anos. Atopárono en roupa interior e con golpes e rabuñaduras no corpo, así é que a a Garda Civil investiga de primeiras estes feitos ocorridos en Mos como un homicidio.

O cadáver foi trasladado ao hospital Nicolás Peña de Vigo, para realizarlle unha autopsia que busca determinar non só en que lugar morreu, senón tamén de que xeito, porque se investigan tamén marcas de rodas na calzada que poderían ser indicio dun atropelo. Parece ser que os veciños non se enteraron do sucedido: un particular avisou ao 112 ao ver o corpo nesta camiño mosense da Tomada, nas Regadas.

 

Noticias web

01/11/2019