CRTVG

Buscar

A automoción impulsa unha plataforma loxística na Plisan, que a Xunta apoia con 4,3 millóns

Publicado o 22/06/2020 16:54

O Clúster da Automoción presentoulle a Alberto Núñez Feijóo o proxecto, pero nel participan outros sectores económicos, como o téxtil ou a alimentación. O obxectivo é dixitalizar a subministración de pezas e mellorar a conexión da cadea de distribución de material por estrada, mar e ferrocarril.

"É un proxecto colaborativo e escalable. Se puidera recoller os fluxos loxísticos de moitos sectores nunha undiade de xestión loxística avanzada convertiríase probablemente nun dos mellores exemplos de dixitalizacion de Europa no eido da loxística", explicou Juan Antonio LLoves, presidente do Clúster de Empresas da Automoción de Galicia.

O Consello da Xunta vaia aprobar esta semana un investimento de 4,3 millóns de euros para este proxecto. O presidente di que axudará un sector, o da automoción, especialmente castigado pola pandemia, e que ademais servirá para impulsar a capacidade loxística de Galicia.

"Cremos que é unha oportunidade moi clara para reducir custos, para manter emprego en Galicia e para atraer novos investimentos. O fetio de estar na esquina de Europa pode ser unha oportunidade para rebaixar os custes loxísticos e facer máis comptetitivas as empresas galegas", afirma Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.

O gran almacén construirase na Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves.

Noticias web

22/06/2020