CRTVG

Buscar

A autoedición de libros supón o oito por cento do mercado literario español

Publicado o 05/02/2018 21:46

Oito de cada cen libros que se venden en España son autoeditados. Os avances tecnolóxicos, a crise ou a dificultade para entrar no sector animan moitos autores a publicar e vender os seus libros. Os defensores da idea aseguran que lles dá máis control sobre a súa obra creativa e, de paso, teñen máis porcentaxe de beneficios nas vendas. 

O típico ego do escritor ten que quedar de lado se quere ter éxito na autoedición. Dío Carlos Meixide, un autor que edita as súas propias obras dende hai tres anos, cando decidiu tomar as rendas do seu traballo creativo e vivir del. Un autónomo da literatura.

A artista María Meijide comezou na autoedición co mapa emocional de Santiago, do que xa saíron tres mil exemplares. Despois, lanzouse a editar cadernos de viaxe, axudada polas plataformas de micromecenazgo en Internet.

Un dos obxectivos de María Meijide ao editar o seu traballo era sair das marxes do mercado exclusivo da arte e democratizar a súa obra. Tamén Carlos Meixide conseguiu chegar a novos públicos, e os dous quedan coa maior parte dos beneficios que xera o seu traballo.

Noticias web

05/02/2018